CRTVG

Buscar

Falece o condutor dunha motocicleta tras unha colisión frontal cun camión en Ribeira

Publicado o 27/11/2020 15:26

Ás 12:45 horas de hoxe rexistrouse en Ribeira, concretamente na parroquia de Castiñeiras, un sinistro viario por colisión frontal-angular entre un camión que transportaba bombonas de butano e unha motocicleta.

Tras o sinistro, o home que conducía a motocicleta, de 33 anos de idade e veciño de Ribeira, faleceu.

O falecido portaba equipamento de motorista: casco, luvas, cazadora e pantalón con proteccións, menos as botas.