CRTVG

Buscar

Falece o condutor dun camión tras caer por unha ladeira e envorcar en Mos

Publicado o 12/06/2019 21:09

Accidente mortal en Mos tras caer un camión por un terraplén nunha pista de terra que accede á antiga canteira da Cova.

A primeira hora da tarde producíase un accidente mortal nesta pista de terra que conduce á antiga canteira da Cova, no concello de Mos. O condutor dun camión saía da pista ao cruzarse con outro vehículo e caía por un terraplén duns quince metros. A vía está a ser moi transitada estes días polas obras dunha nova vía no barrio da Rúa en Mos. A comunidade de Montes cedeu un espazo na antiga canteira para facer a vertedura das terras, e o tráfico de camións para cargar e descargar material é intenso.

O condutor, veciño de Cuntis, non levaba cinto de seguridade porque o vehículo era antigo e non o tiña de fábrica. Tivo que ser liberado polos bombeiros de Mos, que actuaron canda os servizos de emerxencias e dotacións da Garda Civil do Porriño.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019