CRTVG

Buscar

Falece o condutor dun camión de formigón que envorcou na Veiga

Publicado o 22/09/2020 21:22

Accidente mortal esta tarde na Veiga, en Ourense. Faleceu o condutor dun camión que transportaba formigón desde Manzaneda. Nunha curva, perdeu o control do vehículo, envorcou e chocou contra unha ribada no lugar de Pradolongo. A cabina do camión quedou completamente esmagada, por iso se tardou horas en poder rescatar o condutor, xa sen vida.


 

Noticias web

22/09/2020