CRTVG

Buscar

Falece o alcalde do Irixo tras 32 anos á fronte do Concello

Publicado o 02/08/2019 19:25

 

Falece o alcalde do Irixo tras 32 anos á fronte do Concello

O alcalde popular do Irixo (Ourense), Manuel Penedo, faleceu nas últimas horas tras 32 anos á fronte do Concello, no que estaba desde 1987. O rexedor levaba xa un tempo enfermo e, tras o seu falecemento, colocarase a capela ardente no Consistorio do municipio. Por mor deste suceso, será o seu número dous, Manuel Cerdeira, o que exerza as funcións de alcaldía.

Penedo renovou como alcalde tras alcanzar a maioría absoluta nas eleccións do pasado 26 de maio. Nos comicios, o PP obtivo seis concelleiros fronte aos tres edís dos socialistas. O presidente da Deputación e do partido a nivel provincial, Manuel Baltar, expresou as súas condolencias a través da súa conta de Twitter, en que destacou a Penedo como "leal e traballador como poucos". "Un profundo abrazo para a familia e veciñanza", manifestou Baltar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2019