CRTVG

Buscar

Falece nun incendio un veciño de Cangas que traballaba na hostalaría en Andorra

Publicado o 26/04/2020 20:59

Unha nova lutuosa lévanos ata Andorra, onde un cangués faleceu no incendio dun edificio no Principado. Un home de 43 anos, nado en Cangas do Morrazo, traballador do sector da hostalaría, é polo de agora a única vítima dun incendio que se produciu este mediodía por causas descoñecidas.

O cangués faleceu por inhalación de fume e outras sete persoas quedaron feridas, dúas delas en estado crítico.

Noticias web

26/04/2020