Falece no Brasil o bispo español Pere Casaldáliga, un dos impulsores da Teoloxía da Liberación

O bispo catalán Pere Casaldáliga morreu os 92 anos nun hospital da localidade brasileira de Batatais, no estado de Sao Paulo onde permanecía ingresado por unha pneumonía con derrame pulmonar. Tiña a saúde delicada nos últimos anos xa que tamén padecía Parkinson. Vivía no Brasil desde 1968, onde era recoñecido como o "bispo do pobo" pola súa intensa labor social e de defensa dos máis vulnerables, das etnias indíxenas da Amazonía e a loita contra a violencia no campo.
Casaldáliga un dos impulsores da Teoloxía da Liberación foi a voz dos excluídos no Brasil, un país onde entregou as súas últimas cinco décadas de vida na defensa dos máis necesitados. O relixioso fillo de campesiños e ordenado sacerdote na dictadura de Franco sufriu ameazas de morte en distintas ocasións pola súa defensa dos indíxenas.