CRTVG

Buscar

Falece nas Palmas unha muller de 78 anos asasinada polo seu marido

Publicado o 04/04/2020 22:06

Unha muller de 78 anos foi asasinada esta mañá nas Palmas polo seu marido. Os feitos producíronse sobre as sete da mañá no barrio da Isleta, cando o 112 recibiu unha alerta informando de que unha muller precisaba asistencia médica. O persoal sanitario realizou manobras de reanimación sen éxito. Segundo informou a delegación de Goberno de Violencia de Xénero existían antecedentes de maltrato, con dúas denuncias previas que finalmente foran retiradas. O marido confesou aos axentes a autoría do crime. É a vítima número 18 no que vai de ano, a segunda desde a declaración do estado de alarma.

Noticias web

04/04/2020

Máis sobre actualidade

Estradense 1-1 Choco
29/11/2020 23:42
Bergantiños 2-1 Fabril
29/11/2020 23:37
As Palmas 3-2 Spórting
29/11/2020 23:23
R. Vilalbés 3-2 Fisterra
29/11/2020 23:23
Ponferradina 3-2 Leganés
29/11/2020 23:21
Mallorca 4-0 Logroñés
29/11/2020 23:20