CRTVG

Buscar

Falece María Teresa Miras Portugal, científica galega pioneira en farmacia

Publicado o 27/05/2021 19:56

• Miras Portugal foi a primeira muller en presidir unha Real Academia en España

Falece María Teresa Miras Portugal, científica galega pioneira en farmacia

Este xoves falecía en Madrid aos 73 anos de idade a científica galega María Teresa Miras Portugal, pioneira no ámbito farmacéutico e primeira muller elexida como presidenta dunha Real Academia en España, concretamente a Real Academia Nacional de Farmacia entre o 2007 e o 2013.

Miras Portugal tiña numerosos recoñecementos ao seu labor científico, como o premio María Josefa Wonenburger 2008 e a Medalla Castelao 2016. Ademais, era catedrática emérita de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e tiña numerosas obras publicadas e recoñecidas a nivel internacional.

O corpo da científica será trasladado ao Carballiño por desexo expreso de Miras Portugal, xa que a súa vontade era ser sepultada na súa localidade natal.