CRTVG

Buscar

Falece José Pedro Pérez-Llorca, un dos sete pais da Constitución

Publicado o 06/03/2019 15:34

Morre aos 78 anos, a causa dunha enfermidade pulmonar, José Pedro Pérez LLorca, un dos pais da Constitución.

O polítco, diplomático e xurista estivo vinculado durante un tempo breve ao Partido Socialista Popular de Enrique Tierno Galván, e posteriormente formou parte da UCD, da que foi deputado desde a primeira lexislatura constituínte, en 1977.

LLorca traballou para que a Constitución se aprobase por consenso, non por maioría, e declarou que "malia as trifulcas, os poñentes conseguían sempre poñerse dacordo".

O ano pasado, diante da Comisión Parlamentaria sobre o Modelo Autonómico, Llorca amouse partidario de "limpar un pouco a atmófera antes de iniciar unha reforma contitucional".

Dos ponentes constitiucionais só quedan vivos Miquel Roca e Rodríguez Herrero de Miñón.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019