CRTVG

Buscar

Falece Javier Cobián, alcalde Pontevedra entre 1991 e 1995

Publicado o 29/08/2021 19:05

E este domingo Pontevedra despide a Francisco Javier Cobián, o que foi alcalde da cidade do Lérez entre 1991 e 1995.

Pancho Cobián, como era coñecido popularmente, faleceu onte aos 77 anos de idade. Natural da Estrada, comezou no mundo da política da man do Partido Popular en 1987.

A súa marcha deixa un fondo pesar en Pontevedra, onde se suceden as mostras de pésame á súa familia, tanto de compañeiros de partido coma do propio alcalde da cidade.





 

Noticias web

29/08/2021