CRTVG

Buscar

Falece Isaura Abelairas, deputada do Parlamento e exconcelleira en Vigo

Publicado o 03/06/2021 09:18
Falece Isaura Abelairas, deputada do Parlamento e exconcelleira en Vigo

A política socialista galega Isaura Abelairas faleceu esta madrugada aos 69 anos. Foi concelleira de Limpeza e Festas desde 1999 ata 2003, foi tamén edil de Servizos Exteriores e Vías e Obras. Con Abel Caballero como alcalde de Vigo, foi a responsable de Cultura e nas dúas últimas lexislaturas exerceu como responsable de política social no consistorio vigués. Exerceu como deputada provincial desde 2007, como responsable de Igualdade.

En xullo de 2020 abandonou o concello para ocupar un escano co Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. Gonzalo Caballero amosou na súa conta de Twitter a trsiteza polo seu falecemento. 

Abelairas, nacida en Taboadela, foi mestra e directora do CEIP Emilia Pardo Bazán desde 1993 ata 2007.

 

 

Noticias web

03/06/2021