CRTVG

Buscar

Falece Fernando Miramontes, símbolo da loita antifranquista

Publicado o 14/01/2021 11:28

Unha nova triste, faleceu Fernando Miramontes, un dos líderes históricos da loita antifascista en Galicia. Tiña oitenta e cinco anos.

Nacera en Ferrol, onde desenvolveu toda a súa vida pública. Afiliouse ao Partido Comunista na emigración en Francia. Volveu a Galicia e foi un dos detidos e torturados nas protestas de marzo do 1972.

Coa chegada da democracia formou parte da corporación de Ferrol, onde ocupou, entre outros, o cargo de primeiro tenente de alcalde.

Noticias web

14/01/2021