CRTVG

Buscar

Falece en Vigo un indixente que durmía na praza do Rei

Publicado o 27/10/2019 21:27

Faleceu en Vigo un home de 44 anos que se atopaba nunha das tendas de acampada contra a pobreza na praza do Rei, en fronte do Concello. O falecemento produciuse por causas naturais. O corpo sen vida foi localizado por outros membros da acampada e de inmediato deuse aviso aos servizos de emerxencia.

O Concello enviou un comunicado en que explica que á vítima lle ofreceran pasar a noite no Centro Integral de Inclusión, e declinouno.

Os compañeiros da acampada van gardar silencio e aclarar as cousas con papeis, pero xa alertaron hai tempo do mal estado físico dalgún deles.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/10/2019