CRTVG

Buscar

Falece en Vigo o fundador de Vegalsa-Eroski, Ventura Gómez Prieto

Publicado o 14/01/2019 20:21

O fundador e presidente de honra do grupo Vegalsa-Eroski, Ventura Gómez Prieto, morreu hoxe en Vigo aos 93 anos.

Pioneiro no negocio da distribución en Galicia, a súa traxectoria comezou aos 14 anos nunha tenda de ultramarinos para logo rexentar un negocio no mercado do Calvario en Vigo. Canda o seu irmán, iniciáronse na distribución maiorista e o franquiado, fundando en 1977 o grupo de limentación Vegonsa, cuxa actividade se desenrolou a través da distribución Spar, Cash &Carry e os supermercados propios Vego e Familia.

Noticias web

14/01/2019