CRTVG

Buscar

Falece en Pontevedra unha muller por causa da covid−19 e elévase a cifra total a 2.413 desde o comezo da pandemia

Publicado o 25/05/2021 20:03
Falece en Pontevedra unha muller por causa da covid−19 e elévase a cifra total a 2.413 desde o comezo da pandemia

Sanidade notificou o deceso dunha persoa que fora diagnosticada con coronavirus. Con ela, o número total de vítimas ascende a 2.413 desde que deu comezo a pandemia en Galicia.

O deceso é o dunha muller de 71 anos que perdía a vida no CHOP e que, segundo informa o Sergas, padecía patoloxías previas.