CRTVG

Buscar

Falece dun disparo Diabolik, un dos xefes ultra do Lazio

Publicado o 08/08/2019 08:57
Falece dun disparo Diabolik, un dos xefes ultra do Lazio

Fabrizio Piscitelli, máis coñecido como Diabolik, un dos xefes máis importantes dos ultra do equipo de fútbol italiano Lazio, investigado polas súas conexións coa mafia e o narcotráfico, apareceu morto cun tiro na cabeza en Roma. 

Segundo a primeira reconstrución dos feitos, Piscitelli morreu arredor das 19.00 horas, cando se atopaba sentado nun banco do parque dos Acuedutos, situado na periferia sueste da capital.
Piscitelli recibiu un tiro por detrás na cabeza e foi unha testemuña quen avisou a policía. 

Piscitelli, de 53 anos, foi investigado no pasado por ter vínculos co narcotráfico e mesmo foi relacionado co caso de corrupción coñecido como Mafia Capital, unha rede criminal que operaba no ámbito empresarial e político de Roma e que se destapou en 2014. 

Diabolik era coñecido tamén polas súas mensaxes antisemitas e misóxinas, pois, entre outras cousas, defendía a necesidade de impedir a participación das mulleres no fútbol. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí