Falece Christopher Plummer, protagonista de 'Sorrisos e lágrimas'

O actor Christopher Plummer, protagonista do mítico musical 'Sorrisos e lágrimas' xunto a Julie Andrews, faleceu este venres aos 91 anos de idade na súa casa de Connecticut (Estados Unidos), segundo confirmou a súa familia.
"Chris era un home extraordinario que amaba e respectaba profundamente a súa profesión con excelentes modais á antiga, un humor crítico e musicalidade nas súas palabras. Era un tesouro nacional profundamente orgulloso das súas raíces canadienses", escribiu o seu amigo e representante Lou Pitt ao diario especializado Deadline.
Plummer, que continuou traballando ata facer os 90 anos, con 82 anos converteuse no galardonado máis lonxevo en levar un Óscar polo seu traballo en 'Beginners' (2012) e recentemente traballou con Ridley Scott en 'Todo o diñeiro do mundp' (2018).