CRTVG

Buscar

Falece aos 83 anos Chicho Ibañez Serrador, mestre do terror e pioneiro da televisión

Publicado o 07/06/2019 20:03

Chicho Ibáñez Serrador, creador do "Un, dous, tres..." e de ducias doutros exitosos programas, morreu en Madrid aos 83 anos. Foi unha das figuras mais importantes da industria audiovisual española, e así llo recoñeceu a última edición dos Goya, outorgándolle o Premio de Honra. Foron as últimas imaxes públicas de Chicho, nas que xa eran visibles as pegadas da enfermidade dexenerativa que padecía desde hai anos. A súa capela ardente instalarase no tanatorio madrileño da M-30.
 

Noticias web

07/06/2019