CRTVG

Buscar

Adeus a Morricone, un dos grandes compositores da historia do cinema

Publicado o 06/07/2020 09:46

O compositor italiano Ennio Morricone faleceu hoxe aos 91 anos nunha clínica de Roma polas complicacións dunha caída sufrida nos últimos días, segundo confirmaron fontes da familia.

Autor de máis de 500 bandas sonoras, Ennio Morricone déixanos algunhas das composicións máis memorables da historia do cine. Para o director Sergio Leone, compuxo a música de todo un xénero.

O spaghetti western popularizou a súa carreira como compositor, pero Morricone transitou por todolos xéneros. No cinema de gánsters, tamén para Leone, deixou a impronta do seu lirismo en Houbo unha vez en América. e volvería facelo en titulos como a A Misión, Os Intocables de Elliot Ness ou Cinema Paradiso.

Morricone, que dicia que só aos parvos agardan os premios, recibiu os máis importantes. En 2007, a Academia de Hollywood entregoulle o Oscar honorífico, o primero da historia concedido a un músico. Unha das súas últimas bandas sonoras foi a da película de Quentin Tarantino os Os odiosos oito, pola que recibiu o Oscar á mellor banda sonora.

Esta noite pasada despediuse en Roma aos 91 anos, agradecendo, segundo o portavoz da familia, o favor do público que sempre o acompañou.

O funeral será "estritamente privado", segundo indicou un dos seus catro fillos, Marco Morricone. Nun comunicado difundido aos medios, a familia asegura que se pretende respectar "o sentimento de humildade que sempre inspirou os actos da súa existencia".