CRTVG

Buscar

Falece aos 82 anos a actriz Pilar Bardem

Publicado o 17/07/2021 21:36
Falece aos 82 anos a actriz Pilar Bardem

A actriz Pilar Bardem morreu este sábado aos 82 anos na clínica Ruber, de Madrid. Estaba ingresada por unha enfermidade pulmonar, segundo confirmaron fontes do sector cinematográfico. Marcha así unha das actrices máis destacadas do cinema español e que gozaba dun amplo recoñecemento internacional. Estivo en activo máis de cincuenta anos e participou en máis de medio cento de películas.