CRTVG

Buscar

Adeus ao noso compañeiro Ángel Balseiro, que faleceu aos 52 anos

Publicado o 02/10/2021 15:16

Hoxe lembramos o noso compañeiro Ángel Balseiro, que faleceu aos 52 anos por mor dun cancro. Estrañaremos a súa ironía, o seu humor e o seu compañeirismo. É un día moi triste nesta redacción de fin de semana.

Dende aquí mandamos unha aperta aos seus amigos, á súa familia e especialmente a Iria. Operador de vídeo, queremos homenaxealo con esta montaxe e coa súa música, o seu baixo.

Noticias web

02/10/2021