CRTVG

Buscar

Falece Abel Cagiao, o fillo de Carme Avendaño que a levou a comezar a loita contra o narcotráfico

Publicado o 13/02/2021 12:01
Falece Abel Cagiao, o fillo de Carme Avendaño que a levou a comezar a loita contra o narcotráfico

O venres morría en Vigo aos 50 anos, Abel Cagiao, fillo de Carme Avendaño, presidenta da fundación Érguete de loita contra as drogas. Abel foi unha das vítimas do narcotráfico ao engancharse á heroína a comezos dos anos 80.

Esta circunstancia levou a Carme Avendaño, a súa nai, a comezar a loita contra os narcos galegos e a fundar en 1984 a asociación de nais Érguete.

As mostras de agarimo á presidenta de Érguete, exemplo internacional da coraxe das nais dos drogaditos na loita contra os narcotraficantes, sucedéronse desde todos os sectores sociais durante a xornada. O seu traballo e a súa loita chegaron ao cinema coa película "Heroína", de Gerardo Herrero con Adriana Ozores interpretando a Avendaño.