CRTVG

Buscar

Falece a primeira vítima das forzas de seguridade en Galicia, un policía nacional de Ferrol

Publicado o 04/04/2020 21:21

Este sábado coñeceuse a identidade dunha das vítimas mortais do coronavirus en Ferrol. Trátase do primeiro policía nacional falecido en Galicia, e que desenvolvía a súa segunda actividade na sede dos xulgados da cidade.
O axente, José Luis Moreira, de 64 anos levaba moitos anos destinado na comisaría de Ferrol-Narón. Os seus compañeiros lamentaron hoxe a súa morte.


 

Noticias web

04/04/2020