CRTVG

Buscar

Falece a artista Elena Colmeiro

Publicado o 26/02/2021 19:56
Falece a artista Elena Colmeiro


Pesar no mundo da arte polo pasamento de Elena Colmeiro. Renovadora da linguaxe plástica da escultura e pioneira da cerámica, Elena Colmeiro faleceu en Madrid aos 89 anos.

Entre a súas achegas á cerámica está a utilización, hai máis de 50 anos, de materiais industriais do refugallo das fábricas.

Filla do pintor Manuel Colmeiro, Elena expuso en Holanda, nos Estados Unidos ou en Italia. Unha das súas obras máis coñecidas é unha escultura que se atopa no Parlamento de Galicia.

Noticias web

26/02/2021