CRTVG

Buscar

Falece a actriz Dorotea Bárcena

Publicado o 22/11/2016 14:00

Despois dunha vida dedicada á interpretación, a actriz finou en Santiago aos 72 anos de idade

Adoración Sánchez Bácerna. Naceu en Oviedo en 1944 e estudou maxisterio, pero a súa mestría aplicouna axiña nos escenarios, aos que se dedicou de cheo desde que nos anos 70 creou en Vigo o Grupo Esperpento Teatro Xove con Xulio Lago.

Desde entón Dorotea Bárcena foi unha figura imprescindible e permanente do teatro galego e recoñecida entre os grandes da escena española, cos que compartiu cartel en obras como esta versión do 'Martes de Carnaval' de Valle Inclán no Centro Dramático Nacional.

"Actriz, dramaturga e directora. O meu é teatro, teatro e después tamén teatro", di na breve presentación da súa páxina de Twitter.Esa fidelidade á escena, en especial ao teatro galego, materilizouse en novas compañías propias como Marigaila ou o Teatro da Lúa, ou á fronte do Centro Drático Galego que dirixiu a finais dos anos 90. "É imprescindible que o Centro Dramático saia fóra de Galicia", dicía entón.

Cuestionando sempre a desigualdade, en especial a das mulleres na sociedade patriarcal, creou e dirixou obras como 'Cabarét Alén', 'Mulliéribus', Entre bastidores, As Troinanas ou Con Flores a María. Pero a sua figura e a sua populariade foi máis aló do teatro.

Participou en películas e sobre todo gañou o gran público en series e programas de televisión. 

Moitos lembrarana como a peculiar conselleira sentimental do 'Luar', pero sobre todo pola inesquecible Amadora que encarnou durante anos co tandem dos Tonechos.

MOI QUERIDA POLO PÚBLICO
Dorotea Bárcena era unha gran coñecida dentro e fora da pantalla. A súa personaxe no Show dos Tonechos como a avoa Amadora serviulle para achegarse a un público que a recorda hoxe con tenrura.

Na rúa lémbranse do se caracter divertido e alegre e da calidade da súa interpretación. A nova do seu pasamento estendeuse rapidamente. E á sorpresa causada pola súa morte sumouse unha petición.

Dorotea Bárcena quedará para sempre na memoria dos espectadores como unha muller alegre e espontánea que soubo encher de humor as noites televisivas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2016