CRTVG

Buscar

Falar do suicidio é fundamental para previlo

Publicado o 10/09/2019 14:27

Cada persoa leva as súas costas a súa mochila cargada de historias, sentimentos, medos e obsesións... Moitos acaban suicidándose e outros moitos intentándoo. Os expertos teñen un papel fundamental na detección precoz destes casos.

Factores de risco como a depresión ou o estrés. Lembran os expertos que as persoas que deciden suicidarse adoitan dar pistas das súas intencións. Deixar de sufrir acabando coa propia vida é un tema tabú que ten que deixar de selo. Hai que falalo para superalo.

O suicidio é a segunda causa de morte no mundo. En España fano cada día dez personas. En Galicia o ano pasado contabilizáronse 288 suicidios. Ourense conta precisamente cunha das primeiras unidades de prevención de suicidio a nivel nacional e única en Galicia que logrou reducir as tentativas nun 10 por cento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019