CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Falamos dos asistentes ao curso Galego sen fronteiras

Publicado o 18/07/2018 21:38






Hoxe estivemos escoitando música en galego cantada por estudantes que non son, nin moito menos, galegos, polo menos de momento. Falamos dos asistentes ao curso Galego sen fronteiras. Sorprenderanlles as súas procedencias e, sobre todo, o seu acento galego.

Van unha chilena, un americano e unha húngara... e aparece unha alemá.
E cantan en galego.

E os demais escoitan en galego, exportan en galego.
Preséntanse en galego.


Son dos case oitenta alumnos de 24 países que asisten ao xa veterano curso Galego Sen Fronteiras.

Porque a nosa cultura non só é a lingua. Por iso saborean en galego, se laian en galego, ruin en galego, comprenden en galego. Todo iso están aprendendo.
"Aquí xustamente agora. Na terceira semana de estudo en galego. Agora non o fago ben mais un día o vou conseguir."
Ambicións de futuro. Dun futuro que proxectan un chisco en galego. Por iso repiten presenza no curso.
"É a terceira vez, o máximo posible."
"A xente, a paisaxe, o son do galego..."
E preguntamos se a pequena Noa falará galego.
"Ten moitas posibilidades."

E, iso, que cultura é todo. Por iso lles preguntamos se lles gusta o noso ceo.
"A min non moito."
"Agora ben. Pero moita humidade para min."
Malia todo, aprenden que ocorre aquí cando un día non chove.
"Cando un día non chove o meu amor está malo."
Obran o milagre de transformar o galego escrito en vida internacional.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

18/07/2018