CRTVG

Buscar

A Revista

Falamos da importancia do consumo do leite

Publicado o 06/07/2017 12:53
Da vaca ao vaso e polo medio nada máis que un esforzo por manter temperaturas ou se cadra a pasteurización que garanta que no leite...non haxa nada máis que leite...ou nada menos. Celebrouse hai uns días o Día Mundial do leite e advirten os especialistas que as últimas tendencias en nutrición, que ben poderiamos cualificar ou simples modas, afectan á correcta nutrición de moitas maneiras...ollo o dato: o consumo de leite en España diminuíu en 2016 un 2%.

Temos con nós a coordinadora da unidade de gastroenteoroloxía e nutrición pediátrica do hospital de Santiago, Rosaura Leis... Boa tarde, Rosaura.

O dato é unha auténtica pena porque o evidente é que están callando mensaxes que non son correctas.
A primeira: o leite é un alimento fundamental, básico.
Máis natural e bo, ou o que queiran, é imposible.
É a fonte de calcio máis efectiva e segura. Hai outras fontes de calcio, pero coma esta ningunha.
Podemos falar de biodispoñibilidade?
Que sucede cos substitutivos, bebidas vexetais, por exemplo.
Os pais, xa que vostede é pediatra, unha mensaxe clara e diáfana...
Se queren alimentos enriquecidos que poden ser beneficiosos en determinados casos, o que hai que enriquecer é o propio leite .
A maioría da poboación necesita máis calcio!
Para que serve e que perigos ten un déficit de calcio?
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

06/07/2017