O pescador das bibliotecas, coñecido nas redes sociais, é un estudante de Ourense
Ataviado con roupa de pesca e acompañado dos utensilios propios desta actividade, así é como levou a cabo as súas aparicións o xa coñecido nas redes sociais como o pescador. Aínda que a súa identidade real se oculta baixo un pucho e unhas lentes de sol, este personaxe é un estudante de 25 anos natural de Ourense. Precisamente alí comezou todo.
Despois disto, fixo dúas aparicións en bibliotecas moi coñecidas mentres estaban cheas de estudantes, en época de exames. A primeira, na Rosalía de Castro de Ourense, e a segunda, esta semana, na Concepción Arenal, en Compostela. O seu obxectivo, segundo di, é alegrarlles o estudo e que se distraian, seguindo sempre o mesmo procedemento, aínda que na súa visita a Santiago quixo innovar un pouco aproveitando as instalacións.
Hai un mes dende a súa primeira aparición, e arestora cada vídeo que subiu ao seu Instagram xa acumula máis de 15.000 reproducións. Despois desta boa acollida, xa está pensando en subir novo material, en principio, nalgunha destas localizacións.
Tamén pensa no salto a outras redes sociais, como YouTube.