"Temos a esperanza de que todo isto acabará", di a irmá da nena agredida no Carballiño
Publicado o 30/09/2021 14:12
Nuria fai hoxe 14 anos, coa compaña e os coidados continuos da súa familia dende que entrou en reanimación. Tres semanas leva loitando pola vida.
O seu amigo, de 13 anos, confesoulle á policía que quería matala para saber o que se sentía. A familia dela pide que se modifique a lei para que os menores de 14 anos teñan responsabilidade penal. Móveos a ilusión de ter de novo a Nuria na casa.