Faise viral un chío da TVG con imaxes de Iago Aspas entrevistado de pequeno
Publicado o 18/04/2019 19:20
A noticia onte era a renovación de Iago Aspas. Hoxe é este chío publicado na nosa conta de Twitter que recollía unha entrevista ao xogador do Celta cando era pequeno.
Con tan só 11 anos xa soñaba con "xogar no Celta dos maiores" e con marcar "un gol bonito". Iago Aspas seguirá no club ata cando estea a punto de facer 36 anos e de cumprir ese soño que ansiaba de cativo https://t.co/LQLGcUtue0 pic.twitter.com/rhnlXLxW0S
— TVG (@TVGalicia) 17 de abril de 2019
O propio Aspas facíase eco do chío da TVG este xoves na súa conta de Instagram.