CRTVG

Buscar

Faise viral tras pedir axuda para reactivar o negocio dos pais

Publicado o 15/05/2020 15:02

A COVID-19 non é só unha pandemia sanitaria. Para todos aqueles cuxa única fonte de ingresos é a que sae dun negocio familiar, como o de venda de polos asados que Abel rexenta na Coruña, é tamén unha pandemia económica.

Mentres desinfecta o local, asegura que vai salvando a situación grazas ao apoio familiar e tamén da propietaria do local.

Axudas ás que se sumou tamén a iniciativa que tivo a súa filla. Decidiu colgar un chío apelando á maxia das redes sociais para reactivar o negocio familiar.

Pero a maxia funcionou e os chíos multiplicáronse ata cifras que Ahinoa aínda non pode crer.

Dez mil chíos que ao día seguinte xa se converteran en 20.000, e ofrecementos para colaborar a reflotar o negocio.

Abel e Ahinoa están agradecidos e esperan que a maxia deses máis de 20.000 rechouchíos que lles devolveu a ilusión se materialice agora en pedidos que axuden a reactivar o negocio.

Noticias web

15/05/2020