CRTVG

Buscar

Unha médica ourensá explica con humor os erros máis habituais no uso das máscaras

Publicado o 14/05/2020 20:25

É unha médica concienciándonos sobre o uso correcto das máscaras, pero está claro que este vídeo nada ten que ver cos titoriais aos que estamos acostumados.

O que saíu foi un vídeo cargado de humor en que Laura recrea os erros máis habituais no uso das máscaras.... como levala sen tapar o nariz ou tocala coas mans...

Estaba pensado para concienciar os amigos e familia, pero tivo millerios de visualizacións

Dado o éxito da mensaxe xa pensa en facer novas versións, por exemplo, sobre o uso das luvas. Humor e creatividade ao servizo da saúde.

Noticias web

14/05/2020