CRTVG

Buscar

Fai un mes do rescate dos doce nenos tailandeses, que agora son estrelas das redes sociais

Publicado o 10/08/2018 21:14

Hoxe cúmprese un mes do rescate dos doce nenos tailandeses que estiveron atrapados dúas semanas nunha cova co seu adestrador. Neste tempo mudaron moitas cousas e agora son unas auténticas estrelas das redes sociais, e máis que serán porque está previsto que a historia se pase á gran pantalla. Mesmo van facer un museo.

Destas angustiosas imaxes cos rapaces atrapados nunha cova de acceso case imposible, a estas outras fotos virtuais que os volveron unhas estrelas na internet, só pasou un mes. Agora teñen entre 150.000 e 300.000 seguidores nas súas contas. Recuperar a normalidade vai ser dificil.

Este venres voltaban ao colexio despois de pasar un tempo coas familias e tamén nun monasterio budista para honrar a memoria do mergullador que morreu durante a operación de rescate.

Os profesores deseñaron un plan de estudios para que recuperen o ritmo escolar. Aínda que o máis importante para dous deles, foi recibir estes días o documento de identidade que garantiza o acceso a dereitos e servizos básicos.

Pero esa ansiada normalidade parece que tardará en chegar porque a historia que deu a volta ao mundo convertirase en película. Desde o Ministerio de Cultura xa recibiron varios proxectos que están estudando. 

Por se fora pouco, as autoridades iniciaron xa a construcción dun museo adicado a esta arriscada misión en que participaron máis de 1.300 persoas e que ten previsto abrir as portas antes de final de ano. Será no exterior da cova e contrará con documentos gráficos e obxectos dos equipos de salvamento, ademais dunha estatua do mergullador que faleceu de servizo. O turismo, local e internacional está asegurado. O descanso dos doce pequenos, xa non tanto. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018