CRTVG

Buscar

Faise un ano da morte de Fernández Albor

Publicado o 12/07/2019 16:55

Faleceu a punto de cumprir os 101 anos. Un século de vida no que Xerardo Fernández Albor foi case de todo: médico por vocación, piloto da forza aérea alemá, intelectual galeguista e político ao servizo de Galicia.

Elixido en 1982 primeiro presidente da Xunta, por Alianza Popular, foi o arquitecto dun autogoberno galego que daquela botaba a andar.
Non logrou rematar o seu segundo mandato pola moción de censura que en 1987 propiciou o seu vicepresidente, Barreiro Rivas. Apartado do poder autonómico, Albor foi durante unha década eurodeputado. Presidiu a comisión da Eurocámara para a reunificación de Alemaña, o que lle supuxo o recoñecemento de Berlín.

Hai un ano, esas tres bandeiras despediron, ante os seus familiares e herdeiros políticos, ao primeiro presidente electo de Galicia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019