Faise pasar por asistenta social para roubar en casas de Covelo
Publicado o 15/05/2020 14:12
Os veciños do concello pontevedrés de Covelo alertan de roubos nas casas.
Ao parecer, sospeitan dunha parella que foi vista nun Peugeot 405 de cor azul. Van con máscaras, fan falsas enquisas e vixían os domicilios para aproveitarse das persoas máis vulnerables na actual situación. O home queda no vehículo e a muller preséntase como asistenta social. Así consegue entrar nas casas coa escusa de recadar datos. O martes roubaron 2.000 euros nun domicilio.