CRTVG

Buscar

37 hoteis quedan de servizos mínimos en Galicia tras o peche efectivo

Publicado o 25/03/2020 17:57

O prazo chega á súa fin pero, en realidade, a inmensa maioría dos hoteis xa foron pechando as súas portas logo da declaración de estado de alarma na medida en que os clientes regresaron aos seus lugares de orixe.

37 establecementos quedan abertos en toda Galicia para dar cobertura a profesionais cuxa actividade laboral segue permitida e para aqueles que teñen hóspedes de longa duración. Transportistas, ferroviarios, sanitarios, persoal de mantemento de subministracións e tripulacións de barcos son algunhas das excepcións permitidas na modificación do decreto. O sector afronta esta nova etapa inmerso nunha grande incerteza polo seu futuro.

A norma abrangue hoteis, aloxamentos turísticos, apartamentos de curta estadía, cámpings, aparcadoiros de caravanas e calquera tipo de establecemento de hóspedes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020