Fairway, terceira edición dunha feira que destaca a importancia do Camiño para o sector turístico
O portugués, o francés, o primitivo... e agora tamén o marítimo. Non son ideas peregrinas. Son os distintos camiños que nos están chamando. A pé, de acabalo ou en bicicleta, mesmo bicicleta eléctrica. Por motivos relixiosos, gastronómicos ou turísticos. Se cadra tamén para vivir todo tipo de experiencias. Se atopan esta máquina polo Camiño, saiban que poden coñecer os diferentes lugares polos que pasa a ruta dun xeito innovador e divertido.
Todas estas opcións, tanto de lecer, de infraestrutura , de interese ou de negocio están no mesmo destino ao que chegan todos os camiños: en Santiago, na terceira edición do FairWay: un camiño tamén de negocio. Neste espazo da feira, o 'workShop', péchanse as operacións que farán que o Camiño sexa máis cómodo, atractivo e, se cadra, aínda máis especial. O Fairway remata mañá, ata entón seguen camiñando para, incansables, mellorar a ruta.