Fai un mes da desaparición do mozo de Viveiro Alejandro Meitín
Publicado o 15/01/2020 12:13
Fai un mes da desaparición do veciño de Viveiro do que non se sabe nada tras asistir a unha cea de empresa. O seu coche apareceu afundido no porto pesqueiro da vila, pero sen rastro de Alejandro Meitín no seu interior.
Tampouco se sabe cando puido caer o vehículo ao mar, nin en que circunstancias. A familia vive a desaparición con angustia, non perde a esperanza pero pensa que o seu corpo pode estar no mar.