Hai seis meses da desaparición de Yago de la Puente
Publicado o 17/01/2020 14:37
Acaban de facerse seis meses da desaparición de Yago de la Puente Agulló. Despois de moitas xornadas de busca e milleiros de imaxes compartidas nas redes sociais, non hai novidades sobre o paradoiro deste mozo coruñés, ao que se lle perdeu a pista o pasado 14 de xullo, durante o Festival de Ortigueira.
Os seus familiares e amigos insisten en que despois de medio ano non cesarán no seu empeño de atopalo. De aí o novo chamamento que fan pedindo a colaboración cidadá.