CRTVG

Buscar

Fai escala en Vigo o Explorer of the Seas, con 4.700 pasaxeiros a bordo

Publicado o 27/05/2019 14:52

O xigante dos mares, o Explorer of the Seas, volveu hoxe a Vigo, con 4.700 pasaxeiros a bordo. Este era o momento en que este inmenso transatlántico de 311 metros de eslora se adentraba na ría viguesa. Unha escala moi agardada polos hostaleiros e comerciantes, xa que o turismo de cruceiros supón un importante revulsivo económico para eles, polo alto nivel adquisitivo dos pasaxeiros.

Neste mes atracaron no porto vigués 11 transatlanticos. Os cruceiristas aproveitaron hoxe o bo tempo para visitar a cidade e para dar boa conta da nosa gastronomía, un dos puntos que máis valoran de Vigo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019