CRTVG

Buscar

200 deportados reciben honras no 75 aniversario do campo de exterminio de Auschwitz

Publicado o 27/01/2020 09:39

Hoxe cúmprense 75 anos da liberación deste campo de exterminio nazi, e as vítimas e sobreviventes son homenaxeados alí en Auschwitz-Birkenau. Un acto ao que acoden máis de 60 xefes de Estado e de Goberno. Entres os asistentes, os reis de España, Filipe e Letizia, que aseguraron sentirse "mpresionados pola barbarie" e clamaron "contra ao odio, a xenofobia e o racismo".

Os sobreviventes regresaron a Auschwitz,75 anos despois de que o exército roxo liberase este campo de exterminio nazi, en territorio polaco. Moitos son xudeos que viaxaron desde Israel, Estados Unidos, Australia...para volver a ese lugar onde hai máis de 75 anos viviron un inferno en vida.

"Cando cheguei aquí, con 14 anos, vin faíscas saíndo da cheminea e puiden sentir o cheiro da carne queimada. Souben que algo me ía pasar", conta esta muller. As forzas nazis asasinaron neste campo un millóns trescentos mil xudeos e máis de dúas mil persoas de étnia xitana. Aínda seguen en pé os lugares das cámaras de gas e os crematorios.

Pero hoxe, aniversario, día para rememorar as vítimas do Holocausto e de apoiar a prevención dos crimes de lesa humanidade tampouco estivo exento de enfrontamento político. Se hai uns días, o presidente polaco non asistía ao acto de Xerusalén, hoxe foi o presidente ruso o que deixou sentir a súa ausencia, polas diferenzas con Polonia sobre o papel das tropas soviéticas. "Moi cuestionable", apunta o goberno polaco; e os rusos acúsanos de "querer reescribir a Historia".

Tal dia coma hoxe hai 75 anos rematou o horror e á barbarie de Auschwitz coa liberación de todos os prisioneiros.

 

Noticias web

27/01/2020