Zigzag Diario
'Facedoras de Bueu': as musas do cotiá na ollada de Mar Caldas
Josefa Malvido volve ao edificio da vella conserveira Massó para ver o seu retrato, o dunha da tres xubiladas fotografadas por Mar Caldas.
É unha das facedoras de Bueu, as mulleres anónimas que construíron a vila co seu traballo.
A fotografía inspírase nun cadro de Maruja Mallo, esbozado aquí en Bueu nos meses previos ao seu exilio en 1936.
Unha redeira ou as regateiras da praza imitan os seus cadros e fotografías.
A artista Mar Caldas quixo inspirarse en cadros da arte clásica para retratar o traballo invisible: as mestras na Escola de Atenas de Rafael.
A limpadora, coma a Fontana de Trevi de Bernini.
Unha costureira que vagaba polos camiños lamacentos coa máquina na cabeza, coma "O paseo" de Monet.
Un xeito de poñer no primeiro plano a ausencia de recoñecementos públicos destas traballadoras.
A mariñeira Sandra Chapela, voga no Novo Dora, unha embarcación de sete metros na que vai ao polbo, á centola ou ao peixe.
Aquí foi retratada coas súas compañeiras ao modo de Sorolla.
Hai unha cociñeira imitando o 'Folie Bergere' de Manet.
Tampouco se esqueceu das coidadoras retratadas ao modo clásico.
Todas as fotografías están acompañados de aparellos e obxectos representativos, como nos conta outra muller, Covadonga Lopez de Pardo, a directora do museo.
Nun espazo que foi maioritariamente de mulleres a insitución quixo lembrar o seu traballo invisible.
A exposición vai viaxar polo país adiante. Medio centenar de mulleres participaron no proxecto, todas elas Facedoras de Bueu.