CRTVG

Buscar

"Facer valer Galiza" o proxecto do BNG para o novo curso político co centro de decisión no país

Publicado o 14/09/2019 15:22


O BNG celebrou esta mañá en Carballo o acto de inicio do novo curso político, nun encontro con colectivos sociais e económicos baixo o lema "Facer valer Galiza". Presentou un proxecto centrado na defensa do medio, o feminismo, a posta en valor do tecido económico e cultural propios ademais da defensa dos servizos públicos.
A súa portavoz insistiu en que o Bloque é a única organización que pode levar adiante un cambio real fronte ao resto de partidos dos que dixo "están atados de pes e mans polas súas direccións madrileñas".
É o momento de saír a dalo todo porque xogamos moito. Xogamos facernos valer como país, xogamos acabar coa discriminación, xogamos que Galicia sexa decisiva. Se hai esas novas eleccións será unha grande oportunidade para que todas as persoas que queremos que Galiza teña voz, que Galiza pinte algo na política do Estado, recuperen ese papel. Dixo Ana Pontón.
 

Noticias web

14/09/2019