CRTVG

Buscar

Facer donativos con tarxeta de crédito ou móbil é xa posible na catedral de Tarragona

Publicado o 13/02/2019 19:31

A Igrexa apúntase á tecnoloxía dixital. Desde hai uns días, na catedral de Tarragona pódense facer donativos con tarxeta de crédito, débito ou aplicacións de móbil. O sistema é tan sinxelo como pagar no supermercado. De momento, convive co tradicional caixón onde se depositan as esmolas máis humildes.

A catedral de Tarragona súmase a madrileña da Almudena, a primeira en instalar este sistema que se irá implantando, de a poucos, polos templos de todo o estado. A esmola supón, segundo datos recentes, o 40 % do financiamento das dioceses.


 

Noticias web

13/02/2019