CRTVG

Buscar

Facenda recoméndalles ás comunidades non superar un déficit do 2,2% en 2021

Publicado o 05/10/2020 21:04

O Goberno espera que as comunidades autónomas non superen en 2021 un déficit do 2,2%. Pero se o fan, non pasará nada.

María Jesús Montero, ministra de Facenda, explica que é "unha taxa de referencia que non é de obrigado cumprimento, simplemente orienta, non obriga. O efecto do incumprimento desa taxa de referencia é ningún"

Dese 2,2% de déficit recomendado, o Estado asumirá a metade. Entre esa maior marxe para gastar e as entregas propias do sistema de financiamento, Facenda calcula que en 2021 as comunidades van repartir 140.000 millóns de euros, un 4,6% máis que este ano. As autonomías tamén recibirán outros 10.000 millóns de euros do fondo React, un dos 3 paquetes de axudas europeas á recuperación. Desde a Xunta lamentan que non se concretase o reparto destes fondos extraordinarios.

Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda, explica que "falta por concretar o que se refire ao fondo covid e os fondos europeos de reactivación, en que se adiantou unha cantidade, pero de ningún modo se estableceu a cantidade que a cada comunidade nos toca".

O Goberno galego lamenta que Facenda acumule xa dous meses de atraso na presentación das súas contas.


 

Noticias web

05/10/2020