CRTVG

Buscar

Facenda quere subir o IRPF ás rendas de máis de 300.000 euros

Publicado o 21/10/2020 14:33
Facenda quere subir o IRPF ás rendas de máis de 300.000 euros

Os presupostos que prepara o Goberno para o próximo ano van incluír un incremento do IRPF para as rendas máis altas. As rendas de máis de 300.000 euros anuais verán incrementado este imposto en catro puntos porcentuais.

A medida afectaríalles a uns 4.000 contribuíntes en Galicia. Este incremento é un motivo de discrepancia no executivo de coalición, xa que Podemos esixe que a suba se faga efectiva aos contribuíntes que gañen máis de 200.000 euros.

Noticias web

21/10/2020