CRTVG

Buscar

Facenda propón unha reforma do imposto de sociedades que non afectará as pemes

Publicado o 11/07/2018 20:47

Primeira comparecencia da ministra de Facenda, María Jesús Montero, na comisión do Congreso para explicar as liñas estratéxicas do seu departamento. Na súa intervención, Montero anunciou como novidades a futura aplicación dun imposto á banca e ás empresas tecnolóxicas. Indicou tamén que o antes posible se reformará o imposto de sociedades, para que as grandes empresas tributen, dixo, de xeito máis xusto. Afirmou que a reforma deste imposto non afectará as PEME. A ministra asegurou que non se subirán os impostos aos cidadáns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018