CRTVG

Buscar

Facenda obriga a Andalucía a un plan de axustes polo déficit do goberno de Susana Díaz

Publicado o 16/12/2019 14:52

O Ministerio de Facenda dille por carta ao Goberno andaluz, de PP e Ciudadanos, que non cumpre os requisitos para saír aos mercados financiarse, que terá que recorrer ao Fondo de liquidez autonómica, e piden un plan de axustes.

O motivo é o incumprimento do déficit e do gasto en 2018, co Goberno socialista de Susana Díaz. E dáse a circunstancia de que a ministra que agora esixe medidas, María Jesús Montero, era a responsable das contas en Andalucía ese ano, como conselleira de Facenda, ata que en xuño entrou no Consello de Ministros.

O Ministerio de Facenda nega un trato arbitrario con Andalucía, din que as regras son iguais para todas as comunidades e que cando a ministra Montero deixou o Goberno andaluz había estabilidade presupostaria. Afirman que xa este ano o novo executivo autonómico aumentou os gastos imputados a 2018 e que por iso o déficit quedou por riba do previsto.

O PP vai solicitar a comparecencia da ministra de Facenda no Congreso para que explique a decisión sobre Andalucía. Din que, se tivese un mínimo de coherencia, faría o mesmo con outras comunidades gobernadas polo PSOE, como Valencia.

Noticias web

16/12/2019