CRTVG

Buscar

O Goberno non vai saldar a débeda coas autonomías estando en funcións

Publicado o 12/08/2019 16:02

A ministra de Facenda asegura que mentres o Goberno estea en funcións non poderá transferir os 4.500 millóns que reclaman as comunidades autónomas polas entregas a conta. 700 deses millóns correspóndenlle a Galicia. María Jesús Montero culpa do impago a PP, Ciudadanos e os partidos independentistas.

"O que ocorre é que non se pode soplar e sorber ao mesmo tempo. E iso significa que aqueles que tombaron os orzamentos agora non poden vir a pedir contas das consecuencias que tivo esa denegación do presuposto. O Goberno vai intentar superar esa fase pero non poderá ser ata que este en pleno rendemento", asegurou

Para os populares galegos non é certo que o Goberno en funcións non poida tranferir os cartos.
"Ou lle minte aos galegos ou non está ben informada porque calquera letrado da administracion pública lle pode explicar á señora ministra que eses 700 millóns de euros de entregas a conta do IRPF se poden facer sen que o Goberno estea constituído", afirmou a deputada autonómica Paula Prado.

Para o PP o Goberno central está asfixiando economicamente a Galicia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019